O Movimento Defesa da Língua (MDL) posiciónase a favor da petición da Associaçom Galega da Língua (>AGAL) de que o portugués sexa a segunda lingua estranxeira nos centros de ensino secundario. O MDL lembra que leva dende 1998 promovendo a introdución do portugués no currículo de secundaria como un xeito de frear a perda de galegofalantes entre a mocidade.
A iniciativa tamén é apoiada pola CIG e o BNG xa presentara en 2003 unha proposición non de lei da introdución xeneralizada da materia optativa, afirma o MDL, que salienta que o contacto directo coa lingua e cultura portuguesas amosaranlles aos estudantes a utilidade que o galego pode ter en todos os ámbitos da vida.
O Movimento considera que é o momento de apostar polo portugués, agora que se está a debater o borrador do novo currículo de Ensino Secundario. As avantaxes serían o recoñecemento da relación entre o galego e a lusofonía, o coñecemento de recursos lingüísticos que axuden a combater a castelanización da lingua, e o coñecemento dun espazo sociocultural alternativo á hispanofonía. Alén disto, destacan as vantaxes profesionais que supón o intercambio de persoas no espazo transfronteirizo, como xa percibiron en Estremadura, onde máis de 9.000 estudantes están a aprender portugués.
O MDL cre que o profesorado de galego e o estudantado se deben implicar na promoción do portugués como segunda lingua do mesmo xeito que o profesorado de francés e alemán anima o alumnado a estudar eses idiomas.
Con este comunicado, o MDL responde a un artigo de Dolores Valcárcel publicado o domingo en Galicia Hoxe onde criticaba a AGAL por considerar o portugués lingua estranxeira e non propia.
quarta-feira, 5 de dezembro de 2007
O MDL apoia a campaña da AGAL a prol do ensino do portugués nos institutos
De Vieiros
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário